Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1934 Montgomery, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 26 de maio de 2019 (85 anos) Birmingham, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | ictus | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Cristianismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Sidney Lanier High School (en) Universidade do Alabama (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 89 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | emprendedor, xornalista, xogador de fútbol americano, adestrador de fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Quarterback | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | bartstarr.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bryan Bartlett Starr, máis coñecido como Bart Starr, nado o 9 de xaneiro de 1934 en Montgomery, Alabama, e finado o 26 de maio de 2019,[1] foi un xogador e adestrador profesional de fútbol americano estadounidense. Xogou como quarterback para os Green Bay Packers da National Football League (NFL) desde 1956 até 1971. Starr foi un dos dous únicos quarterbacks da historia en liderar ao seu equipo a cinco títulos (1961–62, 1965–67) xunto con Tom Brady (New England Patriots). Starr tamén liderou ao seu equipo á consecución de dúas Super Bowls, a I e a II. Como adestrador dos Packers non tivo tanto éxito, conseguindo un balance final de 52–76–3 (40,8%) desde 1975 até 1983.
Starr foi nomeado como o Xogador máis valioso (MVP) das dúas primeiras edición da Super Bowl, da NFL en 1966, sendo ademais seleccionado catro veces Pro Bowl. Starr posúe o mellor quarterback rating dos playoffs de toda a historia (104,8),[2] tendo conseguido nestas eliminatorias nove vitorias por tan só unha derrota. Starr foi incluído no Salón da Fama do fútbol americano profesional en 1977, e o seu dorsal número 15 foi retirado polos Packers.